Wednesday 24 de April de 2024

Máis de 120 xinetes participan na VII Xuntanza Cabalar de Ardemil


A cita consolídase como unha das máis concorridas dentro do calendario de competicións puntuables a nivel autonómico. Preto de 400 persoas asistiron ao xantar popular

A xuntanza cabalar que anualmente se celebra na parroquia de San Pedro de Ardemil sigue medrando. Na sétima edición celebrada o número de xinetes nas distintas probas de trote e andadura superaron os 120. “Un récord de asistencia que supera as previsións iniciais”, tal e como manifestou o organizador da cita, Pablo Caamaño. Un éxito que tamén se reflexa na parte máis lúdica e festiva desta xuntanza, xa que os comensais que deron conta do xantar popular rondou as 400 persoas. Con todo isto a Xuntanza Cabalar de Ardemil sitúase xa como cita ineludible dentro do calendario de competicións puntuables a nivel autonómico.

O programa de actividades que se desenvolveu ao longo do venres pola noite e do sábado durante todo o día incluíron rutas a cabalo, concursos morfolóxicos de pura raza galega, oficios relixiosos con procesión na honra a Santo Antonio con bendeción aos animais, gaiteiros, concurso de barrís, touro mecánico e inclables para os nenos e nenas.

No caso das carreiras e das probas de andadura e trote repartíronse en premios cerca de 400 € en total. Para a entrega de copas e galardóns contouse coa presenza de José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes. Un ano máis a Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil, organizadora da xuntanza, contou coa colaboración do Concello, e coa do restaurante Avelino, servizos veterinarios e equinos Serveteq, Guardicionería Hermanos Gómez e a Federación Hípica Galega.